Saturday 04 de May de 2024

Happy Halloween Camp cheo de seres monstruosos


O Samaín é unha das celebracións favoritas do ano para moitos nenos e nenas, que non dubidan en disfrazarse de terroríficos seres e monstros de todo tipo. Vampiros, meigas, zombis, esqueletos, seres vidos do máis aló e ata temidos piratas, entre outros moitos. Así o fixeron os participantes do Happy Halloween Camp, que durante estes días desfrutaron con todo tipo de actividades, xogos, excursións e festas de disfraces. Un bo xeito co que o Concello de Ordes, conxuntamente coa escola ConTalento, quere facilitar a conciliación laboral e familiar nestes días de vacacións escolares.